
Preto de 200 persoas asistían na mañá deste xoves 7 de agosto á entrega dos Premios Alecrín 2025 de FEGALCAT (Federación de Entidades Culurais Galegas de Catalunya) celebrado no Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol.
Un acto ao que asistía o presidente do Parlamento de Galicia Miguel Santalices que entregaba o seu galardón ao trivés Pedro Pérez, pola Empresa Galega no Exterior do Grupo Dúplex.
A iniciativa dos Premios Alecrín xurdiu nunha reunión da xunta directiva da FEGALCAT no ano 2010. No ano 2008 fixeron homenaxe en Ribadeo a Xosé Manuel Seivane, no 2009 en Veiga a Xosé Lois Foxo, no 2010 en Vedra a Ana Kiro, entonces decidían facer un acto para recoñecer a varias personalidades da cultura, coa edición dos Premios en novembro do 2010 na Liagosta en Barcelona. A partir deste acto por a boa acollida e repercusión que tivo, decidían repetilo cada ano, en un concello diferente da comunidade de Galicia, outorgándolle os premios Alecrin a diferentes personalidades tanto de Galicia como de Cataluña no eido cultural, comunicación, deportes.

Fotos cedidas.