CulturaCulturaÚltima hora

Visita do delegado da Xunta en Lugo á sede da Fundación Uxío Novoneyra no Courel

Tamén compartía coa veciñanza da aldea de Cortes a celebración das súas festas patronais

 

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitaba este sábado a sede da Fundación Uxío Novoneyra en Folgoso do Courel para coñecer algunhas das actividades que se están a desenvolver estes días impulsadas pola Xunta a través de Artesanía de Galicia.

Arias gabou “o valor cultural e social” dos obradoiros e dos cursos de iniciación que se ofrecen en distintos puntos do municipio para fomentar os oficios artesanais, en especialidades como o estampaxe, tecido tradicional do felpado ou gorullo, cerámica, ourivería, ebanistería ou cestería.

Por outra banda, o delegado aproveitou a súa visita a Folgoso do Courel para compartir cos veciños e veciñas da aldea de Cortes as festas patronais.

 

 

Arias participou na misa e posterior procesión na honra do santo, que contou tamén coa presenza do bispo de Lugo, Alfonso Carrasco, e do empresario courelán Jaime Veiga, propietario do restaurante Casa Lampazás de Madrid.

O representante autonómico destacou a importancia de manter vivas estas celebracións tradicionais, que contribúen a reforzar a identidade local e dinamizar a vida social e cultural nas parroquias rurais.

 

Back to top button