OurenseÚltima hora

Dous motoristas resultan feridos, e un deles é trasladado en helicóptero, tras un un accidente en Beariz

 

Dous motoristas resultaban feridos esta tarde nun accidente ocorrido na estrada OU-0415, á altura do quilómetro 25, na localidade de Xirazga, en Beariz (Ourense). O 112 Galicia recibía o aviso do sinistro pasadas as 16:00 horas deste sábadfo, cando varios particulares informaron da colisión entre unha moto e un coche. Minutos despois, unha segunda moto impactou contra a primeira implicada.

Desde o 112 Galicia informouse do suceso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os cales mobilizaron o helicóptero medicalizado con base en Ourense ata o punto, ademais dos Bombeiros do Carballiño, do GES de Avión, da Garda Civil de Tráfico e efectivos de Protección Civil.

“Un dos motoristas foi evacuado en helicóptero ao hospital de referencia, mentres que o outro tivo que ser trasladado en ambulancia para recibir atención médica”, segundo informa o 112 Galicia.

Back to top button