ConcellosQuirogaÚltima hora

Luar Na Lubre e un tributo a Joaquín Sabina, un dos pratos fortes das Festas do Verán de Quiroga

 

Luar Na Lubre, quizais o grupo más internacional do folk en Galicia, chegaba a Quiroga na noite do 9 de agosto para presentar “Luar Na Lubre XX. Encrucillada”. Un concerto, considerado o prato forte das súas Festas de Verán, con algúns dos temas máis emblemáticos de su amplo repertorio nos seus 40 anos de historia.

Ao seu remate Conductores Suicidas achegaban a música de Joaquín Sabina co seu tributo a este cantante. Oito músicos riba do escenario para homenaxear as cancións do artista no espectáculo máis respectuoso e fiel no que se mostraba un show reflexo dos directos de Sabina, recorrendo todas as etapas da súa carreira, dende a época de Viceversa ata a actualidade.

E hoxe domingo celebrarase a XXXIV Mostra do Mel coincidindo coa feira de mercado máis importante do ano, o 10 de agosto. O recinto feiral, no que se poderán adquirir mel das diferentes subzonas de Quiroga coas súas variedades específicas, estará aberto ao longo desta mañá.

Nesta xornada ao igual que na do sábado, á unha do mediodía, o grupo NoAllKansas, encargarase de animar a sesión vermú cos éxitos máis emblemáticos das décadas dos 70, 80 e 90 cun toque moderno.
Ás nove da noite, “Desaustronauts” animará a xornada co seu “Circo Doble Espresso”, un espectáculo de circo áxil, divertido e moi habilidoso, no que os artistas circenses Raquel e Girisho usan o trapecio, tea aérea, hula hoops e… moito máis.

E para rematar a xornada deste domingo, no aparcamento do CEIP de Quiroga, actuación da orquestra Panorama que trae o seu espectáculo Epic Tour 2025.
Fotos: RTM Quiroga.

Back to top button