En portadaÚltima hora

Continúan activos os lumes de Requeixo (Chandrexa), que a afecta a 1.000 has, e o de Mormentelos (Vilariño), con 120 has

Incendio en Requeixo (Chandexa de Queixa)./ Cedida.

 

Dous incendios forestais continúan activos na provincia de Ourense, segundo vén de informar a Consellería do Medio Rural. Trátase dos indendios de Requeixo (Chandrexa de Queixa) e de Mormentelos (Vilariño de Conso).

Así, mantense activo desde as 15.51 horas do venres o incendio forestal do concello de Chandrexa de Queixa, parroquia de Requeixo, que segundo as últimas estimacións provisionais afecta arredor de 1.000 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, ata o momento, 12 técnicos, 40 axentes, 66 brigadas, 34 motobombas, 6 pas, 4 unidades técnicas de apoio, 12 helicópteros e 10 avións.

Ademais, desde as 17.30 horas de onte domingo está activo un lume no concello de Vilariño de Conso, parroquia de Mormentelos, que segundo as últimas estimacións provisionais rolda as 120 hectáreas de superficie afectada. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 7 axentes, 10 brigadas, 8 motobombas, 2 pas, 1 unidade técnica de apoio, 1 helicóptero e 4 avións.

Estabilizado Maceda-Castro de Escuadro. Desactivada Situación 2

Está estabilizado, desde as 23.37 horas de onte domingo, o incendio do concello de Maceda, parroquia de Castro de Escuadro, que se iniciou o sábado ás 23.19 horas e que segundo as últimas estimacións provisionais afecta arredor de 400 hectáreas. Iniciouse en entre cinco e seis puntos case simultáneos, o que apunta cara unha clara intencionalidade. Neste lume xa foi desactivada onte a Situación 2, que fora declarada na madrugada do domingo pola súa proximidade ao núcleo da Teixeira. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 5 técnicos, 17 axentes, 27 brigadas, 21 motobombas, 4 pas, 3 helicópteros e 6 avións.

Controlado Padrenda-Padrenda

Permanece controlado, desde as 01.23 horas de onte domingo, o lume que afecta o concello de Padrenda, parroquia homónima, que se iniciou o venres ás 22.03 horas e que segundo as últimas estimacións provisionais rolda as 40 hectáreas. Para a súa extinción, mobilizáronse polo de agora 9 axentes, 23 brigadas, 8 motobombas, 1 pa, 2 helicópteros e 2 avións.

Back to top button