ConcellosO BarcoÚltima hora

Aurentino Alonso asumirá a alcaldía do Barco en funcións o 18 de agosto

Será nunha sesión plenaria na que o actual rexedor, Alfredo García, porá en coñecemento do pleno a súa renuncia ao cargo

Aurentino Alonso, xunto a Alfredo García, na última sesión plenaria, en xullo, da Corporación barquense./ Foto: A.R.

 

A Corporación municipal do Barco está convocada a unha sesión plenaria extraordinaria o vindeiro 18 de agosto cun único punto na orde do día: “a posta en coñecemento do pleno da renunciada presentada por Alfredo García Rodríguez, ao seu cargo de alcalde-presidente deste Concello e da asunción da alcaldía en funcións polo primeiro tenente de alcalde, Aurentino Alonso Araújo”.

Deste xeito materialízase o anuncio que o ata agora rexedor barquense facía en rolda de prensa o pasado 1 de agosto.

Back to top button