OurenseÚltima hora

A Policía Nacional detén en Coles a un prófugo reclamado pola Audiencia Nacional por tráfico de drogas

 

Axentes da Policía Nacional procedían o 8 de agosto á localización e detención, na localidade de Coles, dun individuo reclamado pola Audiencia Nacional. A detención levouse a cabo por parte de axentes integrantes do Grupo III da Brigada Provincial de Policía Xudicial da comisaría de Ourense, ao que lle corresponden os labores de investigación, localización e detención de fugitivos reclamados pola xustiza.

Ao prófugo constáballe en vigor desde outubro do ano 2024 unha orde de búsqueda, detención e ingreso en prisión dimanante da Sección 3ª da Sala do Penal da Audiencia Nacional, para o cumprimento de 7 anos de pena privativa liberdade en relación cunha operación policial contra o tráfico de drogas denominada “Operación Poseidón”.

Dita operación foi levada a cabo na provincia de Pontevedra e nela interviñéronse máis de seiscentos cincuenta quilogramos de cocaína. O titular do Xulgado de Instrución en funcións de garda decretou o ingreso en prisión do reclamado.

Back to top button