EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Danza para completar o festival “Entre Covas”, o 22 de agosto en Adegas Blare en Vilanova (O Barco)

 

Continúa “Entre Covas”, o primeiro festival de artes e enoturismo da comarca de Valdeorras, que terá lugar o próximo 22 de agosto en Adegas Blare, Vilanova (O Barco). Trátase dun espectáculo de danza da Compañía de Fran Siera. Esta será a derradeira cita do programa desta edición (con tres propostas) e combina viño, gastronomía e danza contemporánea nun enclave máxico.

Durante o evento, os asistentes poderán gozar de:

• Visita guiada á adega e cova.
• Espectáculo de danza contemporánea a cargo da compañía de Fran Sieira, que presentará Ceibe, unha peza contemporánea que reflicte o baile e a música tradicional, investigando a relación entre o xénero e a nosa tradición. Ceibe profunda en como o xénero está presente en diferentes ámbitos, incluíndo unha manifestación cultural tan importante como o baile tradicional.
• Cata guiada de viños das adegas asociadas.
• Gastronomía de proximidade cun menú deseñado polo cátering do Hotel-Restaurante Pazo do Castro: táboa de embutidos, sándwich brioche pulled pork con pico de galo, hamburguesa de pito crispy, croquetas de xamón ibérico, tosta de marmelada de pemento con ventresca de atún e lingote de brownie, todo maridado con viños de adegas como Blare, Cepado, Casal, Godeval, Roandi, Virxe de Galir e Viños Barco.

As entradas teñen un prezo de 25 €, e inclúen espectáculo, cata e degustación. O aforo é limitado. Entradas en: www.rutadelvinovaldeorras.com ou na tenda Ton y Son (O Barco). Organiza: Ruta do Viño de Valdeorras e colaboran Xunta de Galicia e Deputación de Ourense.

Back to top button