OurenseÚltima hora

A conselleira de Política Social visita aos maiores da residencia da Mezquita desprazados a Arnoia polo lume

Prevese que o regreso ao seu municipio se poida realizar esta mesma tarde

 

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, estivo esta mañá coas persoas maiores usuarias da residencia de A Mezquita que na xornada de onte foron trasladadas ao centro residencial Nosa Señora do Socorro na Arnoia. Este traslado, que afectou a 47 maiores, fíxose como medida de precaución pola proximidade do lume á residencia da Mequita.

Fabiola García comprobou que todas as persoas desprazadas se atopan en bo estado de saúde e sinalou que a previsión é que esta mesma tarde poidan regresar á súa residencia da Mezquita. Un traslado que se volverá facer en ambulancias.

A conselleira estivo acompañada na súa vista do director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, do alcalde da Arnoia, Rodrigo Aparicio, e do presidente da Fundación San Rosendo, José Luis Gavela, entidade á que pertencen os centros da Mezquita e A Arnoia. Fabiola García agradeceu á devandita fundación e ao seu persoal a colaboración e coordinación. Así mesmo, lembrou que a Xunta ten mobilizadas 220 prazas residencias na provincia de Ourense para atender situacións de emerxencia como esta e a casos particulares.

Back to top button