ConcellosManzanedaÚltima hora

Conséguese frear o paso do lume ás localidades de Paradela e San Martiño (Manzaneda)

Entrada á localidade de Paradela (Manzaneda), nunha imaxe tomada esta tarde./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Os esforzos do dispositivo de extinción e da veciñanza lograban impedir que as chamas do incendio, orixinado en Parafita (Chandrexa) e que pasaba a Manzaneda, entrasen aos núcleos de Paradela e San Martiño, que se vían seriamente ameazados esta tarde.

Polo de agora a situación nestas dúas localidades está controlada e sen risco, sempre e cando non cambien as condicións, e a poboación, que saíu das aldeas ante o perigo inminente, pode regresar as súas casas.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Back to top button