En portadaÚltima hora

A provincia de Ourense ten 7 grandes incendios activos, entre eles os de Seadur (Larouco) e os 2 de Chandrexa

Están activos os incendios de Chandrexa de Queixa-Requeixo (4.500 ha), Chandrexa de Queixa-Parafita (5.000 ha), Maceda-Santiso (1.700), Oímbra-A Granxa (5.000), A Mezquita-A Esculqueira (4.000 ha), Vilardevós-Vilar de Cervos (200 ha) e Larouco-Seadur (150 ha)

Incendio en Seadur (Larouco)./ Cedida.

 

Os lumes cercando á provincia de Ourense unha xornada máis. Permanece decretada a Situación 2 en toda a provincia. Entre os novos incendios activos está o de Seadur, no concello de Larouco, que se iniciaba na pasada noite.

A situación de cada un dos incendios na provincia é a seguinte, segundo os datos actualizados da Consellería do Medio Rural:

ACTIVOS 

Activo Chandrexa de Queixa-Requeixo

Permanece activo desde as 15.51 horas do venres o incendio forestal do concello de Chandrexa de Queixa, parroquia de Requeixo, que segundo as últimas estimacións provisionais afecta arredor de 4.500 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, ata o momento, 16 técnicos, 62 axentes, 98 brigadas, 53 motobombas, 9 pas, 6 unidades técnicas de apoio, 13 helicópteros e 13 avións. Tamén participan nas tarefas de extinción efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Activo Chandrexa de Queixa-Parafita

Segue tamén activo o incendio forestal do concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Parafita, que se iniciou ás 17.45 horas do martes e que, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 5.000 hectáreas, parte delas no limítrofe municipio de Manzaneda. Para a súa extinción mobilizáronse, ata o momento, 4 técnicos, 28 axentes, 33 brigadas, 19 motobombas, 4 pas, 3 unidades técnicas de apoio, 7 helicópteros e 4 avións. Tamén participan nas tarefas de extinción efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Activo Maceda-Santiso

Desde as 03.13 horas do martes está activo un lume no concello de Maceda, parroquia de Santiso. Este incendio, segundo as últimas estimacións provisionais, afecta unha superficie de arredor de 1.700 hectáreas, parte delas no veciño concello de Montederramo. Para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 4 técnicos, 32 axentes, 42 brigadas, 25 motobombas, 4 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 9 helicópteros e 8 avións. Tamén participan nas tarefas de extinción efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Activo Vilardevós-Vilar de Cervos

Está activo desde o mércores ás 18.09 horas un incendio no concello ourensán de Vilardevós, parroquia de Vilar de Cervos, que segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 200 hectáreas. Ata o momento mobilizáronse para a súa extinción 2 técnicos, 4 axentes, 1 brigada, 6 motobombas, 1 helicóptero e 2 avións. 

Activo Oímbra-A Granxa

Permanece activo o incendio forestal do municipio ourensán de Oímbra, parroquia da Granxa, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 5.000 hectáreas, parte delas no veciño concello de Monterrei. O lume iniciouse ás 14.39 horas do martes e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 13 técnicos, 31 axentes, 48 brigadas, 35 motobombas, 2 pas, 4 unidades técnica de apoio, 7 helicópteros e 8 avións. Neste lume mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME)

Activo A Mezquita-A Esculqueira

Desde as 09.42 horas do martes está activo un incendio forestal no concello ourensán da Mezquita, parroquia da Esculqueira, que segundo as últimas estimacións provisionais afecta arredor de 4.000 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 2 técnicos, 18 axentes, 14 brigadas, 19 motobombas, 4 pas, 1 tractor, 2 unidades técnicas de apoio, 5 helicópteros e 6 avións. Neste lume mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME). Tamén colaboran nas tarefas de extinción medios terrestres portugueses.

 

Incendio en Seadur-Larouco./ Cedida.

 

Activo Larouco-Seadur

Desde as 18.55 de onte está activo un incendio no concello de Larouco, parroquia de Seadur, que segundo as últimas estimacións afecta arredor de 150 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 9 axentes, 12 brigadas, 13 motobombas, 2 pas, 1 técnico, 1 helicóptero e 2 avións.

 

 

ESTABILIZADOS

Estabilizado Ourense-Seixalbo

Desde as 00.51 horas de onte está estabilizado o incendio forestal iniciado ás 14.14 horas do martes na localidade de Ourense, parroquia de Seixalbo, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 100 hectáreas. Ata o momento mobilizáronse para a súa extinción 1 técnico, 13 axentes, 20 brigadas, 10 motobombas, 4 helicópteros e 4 avións.

 

Estabilizado Maceda-Castro de Escuadro

Está estabilizado, desde as 23.37 horas do domingo, o incendio do concello de Maceda, parroquia de Castro de Escuadro, que se iniciou o sábado ás 23.19 horas. Segundo as últimas estimacións provisionais, afecta arredor de 450 hectáreas. Iniciouse en entre cinco e seis puntos case simultáneos, o que apunta cara unha clara intencionalidade. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 4 técnicos, 32 axentes, 54 brigadas, 38 motobombas, 6 pas, 6 helicópteros e 10 avións.

Estabilizado Vilariño de Conso-Mormentelos

Desde as 23.37 horas do luns está estabilizado o lume do concello de Vilariño de Conso, parroquia de Mormentelos, que se iniciou o domingo ás 17.30 horas e que segundo as últimas estimacións provisionais rolda as 180 hectáreas de superficie afectada. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 15 axentes, 19 brigadas, 14 motobombas, 2 pas, 1 unidade técnica de apoio, 2 helicópteros e 4 avións.

Estabilizado Montederramo-Paredes

Segue estabilizado desde as 10.35 horas do martes o incendio forestal do concello ourensán de Montederramo, parroquia de Paredes, que se iniciou o luns ás 04.50 horas e que segundo as últimas estimacións afecta arredor de 120 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, polo momento, 2 técnicos, 6 axentes, 13 brigadas, 10 motobombas, 2 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 7 helicópteros e 5 avións.

Estabilizado Vilardevós-Moialde

Continúa estabilizado desde as 10.02 do martes o incendio forestal do concello ourensán de Vilardevós, parroquia de Moialde. Segundo as últimas estimacións, este lume, que se iniciou ás 16.05 horas do luns, afecta arredor de 40 hectáreas e polo de agora mobilizáronse na súa extinción 2 técnicos, 10 axentes, 16 brigadas, 17 motobombas, 1 pa, 4 helicópteros e 6 avións.

CONTROLADOS 

Controlado Verín-Mourazos

Esta controlado, desde as 01.01 horas do martes o incendio forestal do concello ourensán de Verín, parroquia de Mourazos, iniciado ás 13.15 horas do luns. A superficie afectada estimada provisional é de arredor de 9 hectáreas e, polo momento, para a súa extinción mobilizáronse 1 técnico, 7 axentes, 9 brigadas, 8 motobombas, 1 pa, 2 unidades técnicas de apoio, 3 helicópteros e 6 avións.

 

Back to top button