ConcellosÚltima horaVerín

O Concello de Verín suspende os actos culturais antes os lumes e pide a cidadanía que extreme as precaucións

 

Dende o Concello de Verín vén de emitirse un comunicado no que se informa de que, “por motivos de seguridade e en sinal de respecto, quedan suspendidas temporalmente todas as actividades culturais e determinadas actividades deportivas en Verín”.

 

 

En concreto, procedécese á suspensión das seguintes actividades:

Ámbito cultural:

  • Xornadas de Folclore, previstas para o día 14 de agosto de 2025.
  • Concerto de Emilio Rúa, programado para o día 15 de agosto de 2025.

Ámbito deportivo:

  • Todas as actividades no Pavillón Municipal de Deportes, ao ser habilitado como punto de recepción de persoas desaloxadas polos incendios.
  • Todas as actividades no Complexo Deportivo da Granxa, ao estar a funcionar como base operativa temporal da UME.

Así mesmo, dende o Concello amósase o seu “total apoio ás persoas afectadas por esta vaga de lumes e expresamos un profundo agradecementoaos equipos de emerxencia —bombeiros, brigadas, UME, forzas de seguridade e persoal técnico— así como aos veciños e veciñas que están a colaborar directa ou indirectamente na extinción dos lumes, demostrando unha vez máis o valor da solidariedade e do compromiso colectivo”.

E, ademais, o Concello fai “un chamamento á cidadanía para que extreme as precaucións, sigan as indicacións do 112 e das autoridades competentes, e permanezan atentos ás comunicacións oficiais”.

 

 

 

Back to top button