
Dende o Concello da Rúa veñen de emitir un comunicado no que informan que “por motivos de seguridadee e en sinal de respecto, quedan suspendidos o festival O Son da Estación (programado para hoxe 15 de agosto e as XL Xornadas de Folclores (programadas para mañá 16 de agosto)”.
Aseguran que seguen “con preocupación” a evolución dos lumes e mandan a súa forza aos “concellos que esán a sufrilos un ano máis”. Asemade fan un chamamento á cidadanía para que “extremen as precaucións, sigan as indicacións do 112 e das autoridades”.