Como consecuencia do lume hai momentos nos que a estrada OU-533 (A Rúa-A Gudiña), no tramo entre os desvío a Trives e o desvío a Freixido, está puntualmente cortada. Moita precaución para os vehículos que transiten pola zona xa que hai momentos, segundo nos informan algúns condutores, nos que as lapas poden chegar a estar na estrada.
De feito nesta zona este mediodía atopábanse efectivos da UME apagando en varios puntos da cuneta, desta estrada e tamén da OU-536 xa en Freixido. Ademais estaba a Garda Civil de Tráfico, do destacamento do Barco, regulando a circulación neses puntos.
Fotos: Carlos G. Hervella.