
As redes non funcionan, con moitos problemas de cobertura e, tal como indican dende o Concello da Rúa, “neste momento o lume está a afectar a unha casa da parte norte da N-120 á altura de Fontei”. Aseguran que Roblido salvouse “grazas á veciñanza e os cans da canceira están en bo estado”.
A expensas do cambio na dirección do vento, parece que a maior parte do frente de lume tirou cara o norte. Con todo, espérase unha noite complicada.
Dende o Concello tamén alertan pola nube tóxica derivada do vertedoiro que está a arder. “Eviten sair das casas na medida do posible”, recomendan, asegurando que “a situación continúa a ser moi complicada, con distintos focos que ameazan diferentes lugares do concello”. A calidade do aire é moi mala.