ConcellosO BarcoÚltima hora

O lume está no Barco en 2 zonas: Fervenza-Santa Mariña e Xagoaza

O lume na zona de Fervenza-Santa Mariña nunha imaxe tomada esta tarde./ Cedida.

 

O lume continúa avanzando polo municipio do Barco, tanto pola súa parte como pola sur. Así, segundo informaba o alcalde en funcións, Aurentino Alonso, ás 22h. Así pola parte norte, está zonas zonas de Fervenza e Santa Mariña, “onde están tratando de controlalo na zona de Santa Mariña, por alí hai varios medios, incluso unha motoniveladora, para ver se logran paralo dalgunha maneira”.

 

Cedida.

 

No referente a parte norte, o incendio está xa por riba da antiga canteira de Xagoaza, “e, polo que nos acaban de dicir, xa saltou á zona boscosa dos barrios, pero agora amainou o vento, e non sabemos por onde podería tirar, porque co vento amainado xa non é a mesma situación”.

Aínda así hai veciños que cren que o lume podería cara Forcadela, pero non está confirmado.

Foto cedida.

 

O lume visto dende O Castro./ Cedida.

 

Back to top button