ConcellosO BarcoÚltima hora

Aviso importante do Concello do Barco para evitar problemas de saúde pública

Casa do Concello do Barco./ Foto: A.R.

 

O Concello do Barco lembra que o lume inhabilitou a planta de transferencia de lixo situada na Rúa, “polo que nos próximos días poden rexistrarse problemas na recollida de lixo domiciliaria, que podería ter que suspenderse”.

Neste senso, o Concello solicita a “colaboración cidadá para tentar reducir os residuos ao máximo posible e tratar de non deposítalos masivamente nos contedores até que non estea restablecido o servizo con normalidade. Pídese a colaboración da veciñanza para evitar posibles problemas de saúde pública”.

Back to top button