ConcellosSan Xoán de RíoÚltima hora

San Xoán de Río preocupado agora polo avance do incendio de Larouco-Quiroga

 

 

Algo máis tranquilo despois dunha semana rodeados polos lumes, na tardiña do sábado 16 de agosto o alcalde de San Xoán de Río explicaba a situación no municipio.

 

 

“Agora estamos máis preocupados do incendio de Larouco-Quiroga que do de Chandrexa pero esto é cíclico cada día”, di, indicando nun vídeo os distintos frontes abertos no día 10 de lume que se repite día tras día seguindo o mesmo patrón.

 

 

“O día comeza coa mañá tranquila e con moito fume; a mediodía comeza a arder de novo e levanta o fume; tarde moi complicada e onde corren perigo as casas; a noite comeza complicada e vai estabilizando o baixar a temperatura”.

Ver vídeo

Back to top button