ConcellosO BarcoÚltima hora

Desaloxos en Santa Mariña, Fervenza, Cesures e Forcadela (O Barco) polo incendio

O Teatro Lauro Olmo está a ser habilitado para acoller ás persoas afectadas polo lume. Precísase auga e froita para que poidan hidratarse

 

O incendio continúa afectando con forza ao concello do Barco. Segundo vén de informar o Concello, a igrexa de Fervenza, xa foi alcanzada polas lapas do incendio que vai pola ladeira sur. “Fervenza está desaloxada e estase pedindo aos veciños de Cesures e Santa Mariña que se desaloxen o antes posible porque se teme que esta tarde o incendio sexa aínda máis virulento”, sinala o Concello.

No que se refire á ladeira norte, Forcadela está tamén desaloxada pola proximidade do incendio. “Pese a todos os medios despregados, son tantos os frentes que resultan insuficientes.  Prégase á poboación que se sigan as inficacións dos servizos de emerxencia e que se extremen as precaucións para evitar os efectos nocivos do fume”.

Por outra banda, o Teatro Lauro Olmo está a ser habilitado para acoller ás persoas afectadas polo lume. Precisase auga e froita para que poidan hidratarse nun primeiro momento. Tamén no Teatro está o punto de hidratación e descanso para brigadistas, bombeiros, Protección Civil e resto de operativos.

Neste senso, faise un chamamento porque se necesitan botellas de auga, a poder ser frías para achegarllas á veciñanza que está a loitar contra o lume.

Fotos: O SIL.

Back to top button