CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Os nenos do programa “Concilia en Inglés” enchen Río de mensaxes contra os lumes

 

Os nenos e nenas do programa “Concilia en Inglés” envolven San Xoán de Río con mensaxes contra os incendios: “We will stop it together”. Protagonizaban neste 19 de agosto unha acción simbólica de concienciación fronte aos incendios forestais. Armados con carteis elaborados por eles mesmos, encheron diferentes espazos do municipio co lema en inglés “We will stop it together” (Pararemos o lume xuntos).

A iniciativa quere transmitir unha mensaxe de esperanza, unidade e responsabilidade compartida ante unha das maiores ameazas do rural galego nestes días de alto risco. Segundo destacaron as monitoras do programa, “o máis importante é que a infancia entenda que tamén pode ter voz e enviar unha mensaxe de forza á veciñanza e a quen loita no monte contra o lume”.

O alcalde de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez Blecua, subliñou que “ver como os máis pequenos se implican e nos lembran que só unidos podemos protexer o noso territorio é unha lección para todos”.

O “Concilia en Inglés” combina aprendizaxe de idiomas con valores de convivencia, respecto polo medio e participación comunitaria, e nesta ocasión converteuse tamén nunha ferramenta de sensibilización social.

Fotos cedidas.

Back to top button