CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Torneo de Billarda da Ribeira Sacra en Castiñeiro (Río) cuns de 200 participantes

 

O Campo Juan Pérez, na aldea de Castiñeiro (San Xoán de Río), converteuse este mércores no epicentro deportivo e cultural da Ribeira Sacra coa celebración do Torneo de Billarda, un evento interxeracional que reuniu a máis de cen rapaces e cen persoas maiores, con idades comprendidas entre os 8 e os 89 anos.

O equipo de San Xoán de Río, que viña de gañar na final de Manzaneda por 4-1, volveu impoñerse nun torneo cargado de emoción. O patriarca Juan Pérez, de 89 anos, alcanzou as semifinais, mentres que o título foi para Fran de As Cortes, consolidando unha vez máis o liderado do conxunto local.

Un torneo inclusivo e con impacto

A xornada, desenvolvida entre as 17:30 e as 20:30 horas, non só tivo carácter deportivo: converteuse nun exemplo de inclusión e de posta en valor da lonxevidade, onde mocidade e maiores compartiron campo e tradición. A Asociación Galega de Xestión Deportiva (AGAXEDE), que xa premiara en Santiago ao Concello e a Castiñeiro polo seu modelo innovador e inclusivo, repartiu camisetas a todas as persoas participantes.

 

 

O Museo Internacional da Billarda abriu as súas portas durante o torneo, recibindo ducias de visitantes. Ademais, instaláronse postos de emprendedores locais, como Piel Natura, e de novos repoboadores como Juan e Flori, unha parella chegada dende Australia que xa mercou casa e parcela na aldea.

 

 

Un símbolo da Capital Europea da Lonxevidade

O CEO de Aldealista e fillo do afiador de Castiñeiro, Juan Carlos Pérez, xunto co alcalde de San Xoán de Río, subliñaron que “o xogo da Billarda forma parte da Capital Europea da Lonxevidade e o obxectivo é abrir o torneo a participantes internacionais”.

Durante a xornada realizáronse máis de 200 fotografías diante do mural do afiador de Mon Devane, recoñecido como mellor mural do mes no mundo, consolidando a Castiñeiro como referente cultural e deportivo.

 

 

Apoio institucional e empresarial

O torneo contou co patrocinio de distintas marcas galegas e co respaldo do Concello de San Xoán de Río e de Aldealista, demostrando que a aldea non só posúe o mellor mural de Galicia, senón tamén a capacidade de organizar eventos inclusivos que unen crianzas e persoas lonxevas nun mesmo campo de xogo.

Fotos cedidas.

Back to top button