ConcellosÚltima hora

Comeza a elaboración dos máis de 20 km de bandeiras que adornarán Castro Caldelas durante as Festas dos Remedios

 

Na xornada do xoves 21 de agosto comezaba en Castro Caldelas a elaboración dos máis de 20 quilómetros de bandeiras que adornarán toda a vila caldelá durante as Festas dos Remedios que se celebrarán do 6 ao 12 de setembro.

Tal como indican dende o Concello, no obradoiro xúntanse grandes e pequenos “traballando de xeito artesán con papel de seda, fío de cáñamo e cola…. moitas mans para cortar e pegar as bandeiras e banderíns popularmente chamados “Pantalóns” e “Tangas” para logo embobinala” e xa o día 6 de setembro a partir da medianoite, saír a adornar as rúas acompañados de música e moita troula.

“Porque somos unha vila de tradicións”, aseguran dende o Concello.

Fotos cedidas.

Back to top button