DeportesÚltima hora

Arrinca en Turín (Italia) a Volta a España que chegará ao Barco de Valdeorras o 10 de setembro

Foto: X “La Vuelta 25”.

 

Arredor das 13 horas deste sábado 23 de agosto con saída desde a espectacular Reggia di Venaria de Turín (Italia) antiga residencia real da familia Savoia e chegada en Novara La Vuelta 25 poñía en marcha a súa gran saída en Piamonte cunha primeira etapa favorable aos homes rápidos.

Con 186,7 quilómetros de percorrido que incluirán unha subida puntuable (La Serra, de 3ª categoría, no kilómetro 70,5) que definirá o primeiro liderato da clasificación da montaña, o percorrido chegará á beira do  Lago Maggiore, o segundo lago máis grande de Italia, para posteriormente buscar un final onde os velocistas poderán xogarse o primeiro liderato.

Nesta edición da Volta a España participan 184 corredores de 23 equipos e consta de 21 etapas para cubrir unha distancia total de 3.151 quilómetros (4 chairas, 1 con final en alto; 6 de media montaña; 5 de montaña; 1 contrarreloxo individual; 3 onduladas con final en alto; e 2 días de descanso).

A etapa 17, entre O Barco de Valdeorras e o Alto do Morredero, en Ponferrada (León) saíra de Galicia o vindeiro 10 de setembro.

Back to top button