CulturaCulturaÚltima hora

Furafollas Agrupación Teatral presentará ‘Movendo os Marcos’ no Castelo do Bolo

Anxo Baranga e Blanca C. Galán actuarán o 29 de agosto ás 19 horas

‘Movendo os Marcos’, no Barco./ Foto: A.R.

 

Un ano despois de actuar no ciclo De Perto no Barco de Valdeorras e pouco máis dunha semana despois de ler o pregón co que se inauguraba a III Feira Irmandiña, Blanca Cotado Galán (con orixes en Fornelos) volverá ao Castelo do Bolo acompañada por Anxo Baranga (natural de Córgomo), ambos integrantes de Furafollas Agrupación Teatral, para presentar Movendo os Marcos, unha historia “de onte e de hoxe, de aquí e de máis alá”.

Nesta esta función, prevista para o 29 de agosto ás 19 horas no Castelo, o  Furafollas Agrupación Teatral fai un repaso polos cambios acontecidos co paso do tempo en Valdeorras, ao tempo que reflexionan sobre a emigración, a perda da memoria e da identidade, sempre cun marcado ton de humor.

O espectáculo, promovido por Turismo Terras do Bolo, está pensado para o público adulto e a entrada será de balde (billeteira inversa).

 

 

Back to top button