ConcellosO BoloÚltima hora

Reunión da veciñanza do Seixo (O Bolo) para ver as consecuencias do lume e abordar como previr futuros incendios nesta aldea

 

Despois do grave incendio que ameazaba á súa aldea hai apenas unha semana, a veciñanza do Seixo (O Bolo) reuníase na mañá deste domingo na casa do pobo para cambia impresións sobre o incendio vivido e as súas consecuencias, pero tamén para plantexar unha abordaxe de cara ao futuro co fin de xestionar e controlar a masa forestal que rodea este núcleo rural co que o vivido neste mes de agosto non se volva a repetir. A intención é protexer á localidade, cando menos nunha franxa de 50 metros, das casas fronte a un posible futuro incendio.

 

 

Neste senso, recollíanse suxerencias, ideas e impresións que logo lle serán trasladadas ao Concello nunha reunción que a veciñanza ten previsto manter co alcalde na vindeira semana.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Back to top button