ConcellosQuirogaÚltima hora

Situación 2 en Quiroga por un novo incendio forestal, con desaloxos en San Pedro e Freixeiro

Foto: RTM Quiroga.

 

O Concello de Quiroga vén de infomar de que a Consellería de Medio Rural acaba de declarar Situación 2 de emerxencia neste municipio, “por un incendio que se declaraba hoxe sobre as 13:00h na Pobra do Brollón, na zona de Conceado, San Pedro do Lor e Golmar . O incendio comezou no lugar de Abrence e avanzou cara o noso concello”.

Os núcleos que están en perigo e que desaloxaron son San Pedro e Freixeiro. O Concello de Quiroga tamén indica que desde que se tivo comunicación do lume “numerosos medios aéreos e terrestres traballan na zona nos labores de extinción, tarefa que se está complicando debido ao vento e as altas temperaturas desta xornada”.

Segundo as últimas estimacións feitas públicas por Medio Rural afecta unha superficie de arredor de 100 hectáreas. Neste lume decretouse a Situación 2, como medida preventiva, pola súa proximidade aos núcleos de Golmar, nesta mesma localidade; e nos xa citados de Conceado e San Pedro, xa no municipio veciño de Quiroga. Para a súa extinción mobilizáronse de xeito acumulado 4 técnicos, 10 axentes, 14 brigadas, 15 motobombas, 4 pas, 4 helicópteros e 8 avións.

Back to top button