
O vindeiro luns, 1 de setembro, abrirase o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas Municipais que organiza o Concello do Barco de Valdeorras. Os interesados deberán acudir ao Departamento de Deportes do Concello, situado no segundo andar do Edificio Mulitusos, para recibir información e formalizar a súa inscrición.
As escolas para adultos a partir de 16 anos comezarán o 1 de outubro e o prezo da matrícula é de 75 euros.
No caso do Deporte Base (Escolas deportivas para nenos de ata 17 anos), o Concello conta coa colaboración dos clubs deportivos para a sua xestión. Os detalles para a matriculación, nestes casos, poden verse no folleto.




