
Ata o municipio de Manzaneda chegaba o segundo porte de alpacas de herba a través das Asociacións de Gandeiros e da Consellería do Medio Rural para apoiar ás explotacións afectadas polo incendio. O reparto realízase previo contacto coas gandeirías, garantindo o control da proporcionalidade segundo:
parcelas afectadas e carga gandeira (en UGM – Unidades de Gando Maior), segundo explica o Concello de Manzaneda.
Así mesmo, dende este Concello prégase “facer un uso responsable e boas prácticas na distribución da alimentación, pois é probable que as necesidades se manteñan no tempo”.