
Nun acto celebrado no salón de plenos e no contexto das festas patronais de Parada de Sil tiña lugar a entrega de premios do XVIII Concurso fotográfico Rosa Pons, certame que entrega 2.000 euros en catro premios.
Durante o acto fíxose a proxección dunha escolma das fotografías presentadas a cardo de Antón Vázquez, presidente da Asociación cultural Ouro do Sil que colabora co concello en moitas actividades e a quén o alcalde agradeceu a súa laboura.

A entrega de premios asistíu o primeiro premiado na sección de fotos “Visións de Parada de Sil”, Manauel Ignacio García Roldán de Vilariño Frío que gañou coa foto Vixilando as Lavandeiras, quen fixo unha explicación da sua fotografía e recoñeceu de maneira explícita ó concello por apostar pola cutura.
No acto o alcalde Aquilino Domínguez agradeceu ó empresario de Parada de Sil afincado en Barcelona Camilo Yáñez Pons o financiamento do premio con 2.000 euros durante dezaoito anos. Tamén adicou unhas palabras de agradecemento ao xurado que, de xeito altruísta, avaliou e valorou 403 fotos presentadas, noventa e oito na sección “Visións de Parada de Sil” e 305 de tema libre sección na que ademáis de participantes de quince comunidades autónomas houbo participación de Arxentina, Portugal, Brasil e Uruguai.
Terminaba a súa intervención salientando que este concurso é moi importante para Parada de Sil e a Ribeira Sacra polo alcance da súa difusión e o nivel de participación agradecendo tamén aos presentes a asistencia.
Fotos cedidas.
