A RúaConcellosÚltima hora

Cadea humana entre Petín e A Rúa contra o incendio no vertedoiro aínda activo

 

Con máscaras, a maioría vestida de negro e collidos da man. Así estaban os participantes na segunda mobilización convocada pola veciñanza de Petín, contra o incendio que segue activo no vertedoiro da Rúa.

A orixinal idea propoñía facer unha cadea humana entre Petín e A Rúa. Os de Petín iniciábana no cruce da rúa da Mata continuando pola Ponte Nova, sempre pola beirarrúa e deixando os cruces libres, mentres que os da Rúa comezaban polo outro lado coa rotonda como meta, superándoa con creces chegando case ata as Casas Baratas.

Coa esperanza de que non decaia o ánimo e que “entre todos consigamos que a Xunta nos escoite” e con mensaxes moi claros e concisos como ‘Defende a túa terra, protexe o teu pobo’ ou ‘O noso pobo non é un vertedoiro’, lembran que “o pobo salva ao pobo”.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button