Leva os servizos e emerxencia no sangue. O valdeorrés Brais López Batista é dende hai tempo membro da Brigada de Reforzo de Incendios Forestais (BRIF) de Laza (o seu irmá está na de Valdeorras) e tamén da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Rúa, fundada polo seu pai e, malia destacar no ámbito deportivo como xogador de fútbol, este verán foi un dos heroes que se enfrontaron ás chamas nos devastadores incendios que arrasaron a provincia de Ourense case por completo.
O máis extenso e que lle tocou moi de cerca, foi o de Seadur-Larouco, con máis de 31.000 hectáreas arrasadas e xornadas maratonianas de ata 12 horas seguidas para facerlle fronte ao lume.



Fotos cedidas.