
O venres 19 de setembro a Asociación Cultural Abertal comezará o curso 2025/2026 (prazo de matrícula do 1 de setembro ao 1 de novembro) pero uns días antes celebrará unha nova xornada de portas para dar a coñecer as clases que imparten.
Será o vindeiro 12 de setembro na sede da asociación, na Casa da Cultura da Rúa, de 18 a 19 horas para gaita e baile; e de 19 a 20 horas para percusión e acordeón. E xa a partir das 20 horas terán unha reunión informativa.
