ConcellosO BarcoÚltima hora

Prisión provisional para o detido por un roubo con forza no Barco

Cedida.

 

A Garda Civil da Compañía da Rúa procedía á detención dunha persoa o pasado 27 de agosto, como presunto autor dun delito de roubo con forza no interior dun vehículo, que se atopaba estacionado nun garaxe comunitario na localidade do Barco de Valdeorras, do cal subtraeu diverso material profesional valorado en 40.000 euros, co consecuente prexuízo para o exercicio da profesión da persoa afectada.

O feito delituoso perpetrouse na madrugada do 27 de agosto e, tras a interposición da denuncia por parte da persona prexudicada, a Garda Civil iniciaba unha investigación, con colaboración da Policía Local do Barco, que finalizou coa detención da persoa referida e coa recuperación do material subtraído.

Así mesmo, interviñéronse efectos posiblemente vinculados con outros feitos delituosos. “Durante o ano 2025, o suposto autor, foi detido en varias ocasións pola súa suposta implicación en multitude de delitos contra o patrimonio cometidos na comarca de Valdeorras, con especial incidencia na localidade do Barco”, segundo indica a Garda Civil, que tamén informa e que o detido era posto ao dispor do Tribunal de Instancia do Barco de Valdeorras, quen ordenou o seu ingreso en prisión provisional.

Back to top button