
Este xoves 4 de setembro veñen de abrirse as inscricións da sexta edición de “Quimedo. Festa do Terror en Quiroga”, que está prevista para o sábado 25 de outubro ás 21:30h.
Esta proposta, que vén cargada “de moitas novedades”, tal e como adianta a organización, inclúe unha ruta de casas do terror. A inscrición pode facerse de forma presencial na Casa da Cultura de Quiroga ou ben á través da web do Concello www.concellodequiroga.com , seleccionando e cubrindo o formulario de inscrición.
“O formulario vai acompañado de toda a información. Publicaranse as novidades actualizadas nas redes sociais do QuiMedo”, din os promotores.
