
Na mañá deste venres 5 de setembro o Concello da Rúa emitía un bando informando do levantamento das restricións ao consumo de auga, provocadas polo incendio do mes de agosto.
Segundo indica, tras recibir os resultados favorables das analíticas en captación, depósito, rede e billa na rede de subministro, “podemos anunciar o fin das restricións ao consumo da auga en toda A Rúa dende o día de hoxe”.
Fica así restablecido o normal subministro para todo o concello.