ConcellosLaroucoTrivesÚltima hora

A conselleira de Vivenda visita vivendas afectadas polos lumes nos concellos de Trives e Larouco

Ata o momento, ademais das 23 peticións de axudas, 78 persoas solicitaron información sobre estas achegas autonómicas.

 

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, visitaba esta mañá os concellos da Pobra de Trives e a localidade de Seadur (Larouco), onde, acompañada polas súas alcaldesas, Patricia Domínguez e Patricia Lamela, respectivamente, comprobaba os danos dos recentes incendios forestais en vivendas e falaba cos veciños afectados.

Allegue explicoulles aos veciños as liñas das axudas activadas pola Xunta e insistiu no compromiso do Goberno galego para axilizar “coa máxima celeridade” a súa tramitación, a fin de que canto antes “as familias poidan comenzar a recuperación destes fogares tras esta terrible vaga de lumes”.

A Xunta recibiu ata agora 23 solicitudes de axudas para a reconstrución das vivendas afectadas polos incendios. A conselleira de Vivenda deu conta destas peticións nos citados municipios. Ademais 78 persoas solicitaron información sobre estas achegas autonómicas.

 

 

 

Allegue recordou que as achegas da Xunta poden acadar case 150.000€ no caso de vivendas habituais, xa que ao 132.000 euros para rehabilitación do inmoble poden engadirse 16.200 euros polo enxoval doméstico. En caso de segunda residencia, as achegas son de ata 66.000€ e 5.400€ para o enxoval.

Esta axuda pode servir tanto para rehabilitar o inmoble, como para adquirir un novo, no caso de que quedase en situación de ruína como consecuencia dos lumes. A acreditación do estado de ruína se realizará mediante un informe técnico que, se o propietario desexa, elaborará a Xunta. Nestes casos hai que sumar ademais axudas complementarias para o realoxo mentres se rehabilitan as vivendas danadas.

Ademais, o Goberno galego tamén asumirá o 100% do alugueiro temporal, se é preciso e achegará ata 600€ máis para sufragar gastos de aloxamento provisional, transporte ou mudanza. Os afectados poderán así mesmo percibir a contía total da axuda de xeito anticipado, o que lles permitirá axilizar obras de rehabilitación das vivendas.

Back to top button