
Neste sábado 6 de setembro volve arder na zona de Casaio (Carballeda de Valdeorras). Segundo vén de informar a veciñanza revívouse o lume nunha das partes afectadas polo anterior incendio. Ademais indican que arestora estase a estende cara a zona da coñecida como “mina dos alemáns”.
A Consellería do Medio Rural informa de que este “lume iniciouse ás 14.56 horas de hoxe e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de 20 hectáreas”. Para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 1 técnico, 3 axentes, 4 brigadas, 2 motobombas, 2 pas, 3 unidades técnicas de apoio e 3 helicópteros.
Fotos cedidas.
