ConcellosÚltima hora

As rutas Trives-Río e Vilariño-Viana abren o ciclo “Adiviña Silbina”

Trátase dunha iniciativa de posta en valor turística promovida polo GDR Sil-Bibei-Navea e executada por Surbia Natura

 

Na derradeira fin de semana de agosto abríase unha nova edición do ciclo “Adiviña Silbina”, un programa de posta en valor turística promovido e financiado polo Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Sil-Bibei-Navea, en colaboración cos concellos e executado por Surbia Natura. Trátase dun ciclo de actividades de promoción dos valores naturais, culturais, turísticos e gastronómicos dos 10 concellos que conforman este territorio.

O programa inclúe rutas de Sendeirismo interpretativo e temático, xogos de “Scape-Vila”, degustación de produtos locais e moito máis para desfrutar e coñocer este extenso e rico territorio da provincia de Ourense. As actividades son de balde grazas ao patrocinio do GDR Sil-Bibei-Navea e AGADER.

O ciclo poñíase en marcha o 30 de agosto nos municipios de San Xoán de Río e A Pobra de Trives. Alí os participantes, un grupo de 40 persoas procedentes de diferentes puntos de Galicia, raelizaban unha ruta interpretativa circular duns 10 km, que partía das proximidades do Albergue dos Biocos. Durante o percorrido facíase unha visita á explotación aurífera romana primaria dos Biocos, cunha volta circular arredor desta mina. Tamén se visitaba o Alto do Cerengo, o punto máis alto de Río, que ofrece unhas espectaculares vistas panorámicas das serras circundantes.

Ademais da interpretación da paisaxe, os participantes puideron comprobar os efectos devastadores dos recentes lumes forestais na provincia de Ourense, tanto nas Serras de Queixa, Manzaneda e Vilariño, como na parte de Valdeorras. A volta realizábase pola aldea de Valados.

Tras un tempo de descanso ao medidía para xantar de forma libre en Río, os participantes trasladábanse a Trives, onde tiña lugar o “Scape-Vila”, un xogo de competición por equipos polas rúas que se poñía en relación coa historia e cultura desta localidade e na que se contaba coa colaboración de personaxes da historia local, representados por veciños. O premio deste xogo era unha degustación de produtos locais preparada pola Cantina do Catro, entre os que se incluían embutidos, cogemelos, bicas, empanadas variadas e viños da D.O. Ribeira Sacra. Esta ruta foi guiada e preparada por Gema Seara e Rober Bermejo.

 

 

Vilariño de Conso-Viana do Bolo

Ao día seguinte, 31 de agosto, tiña lugar unha actividade de “Adiviña Silbina”, desta volta nos veciños municipios de Vilariño de Conso e Viana do Bolo. Comezaba cunha andaina dos participantes pola Ruta dos Soutosm que partía dende a Casa do Concello de Vilariño e estendíase ao longo de 9 km coa temática centrada na historia e vinculación á cultura e actividade económica da castaña. Houbo xogos tamé para poñer a proba os coñecementos dos camiñantes arredor da castañicultura.

Despois dun tempo libre para xantar no municipio, a actividade proseguía pola tarde en Viana do Bolo, onde se desenvolvía o “Scape-Vila”, cuxa competición por equipos recreaba desta volta a guerra entre os irmandiños e os Pimentel para tomar a torre da homenaxe vianesa. Era precisamente alí onde concluían as probas do xogo.

A partir das 18:15h. tiña lugar unha degustación de produtos gastronómicos da zona e dos territorios próximos preparados por Bar O Callejón. Ao mesmo tempo, tiña lugar un mercadiño de produtos locais e de concellos próximos, no que podía degustarse e mercarse marmeladas, embutidos, tamén queixos, viño…, así como artesanía.

Fotos cedidas.

 

Back to top button