
Viana do Bolo era unha das máis 36 localidades galegas nas que nesta tarde se celebraban concentracións de apoio a Palestina, convocada pola Coordinadora Galega de Solidariedade con Palestina. No acto, no que se portaba unha pancarta co lema “Paremos o xenocidio. Galiza con Palestina”, os participantes procedían á lectura dun manifesto elaborado pola mesma coordinadora.
“Aquí estamos como levamos estando nos últimos 23 meses. Case dous anos de mobilizacións solidarias por todo o noso país para que ninguén ouse dicir que non nos doe o sofrimento do noso pobo irmán palestino, ou que xa o damos por descontado”, tal e como dicía o texto.
Ademais, analizábase a situación actual do conflito, expresábase unha vez máis a solidariedade e a intención de continuar coas mobilizacións, entre elas unha manifestación o 5 de outubro.