Na mañá deste mércores 10 de setembro, o alumnado de Primaria do CEI Plurilingüe Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras asistía á presentación dos equipos participantes nesta Volta Ciclista a España e tamén á saída da etapa 17 ata El Morredero en Ponferrada (León).
“Desfrutaron moito deste evento deportivo extraordinario, xa que é a primeira vez que a Volta fai parada no Barco de Valdeorras”, din dende o centro, desexando que sirva para que” @s nos@s nen@s fagan máis uso da bicicleta, o medio de transporte máis saudable e ecolóxico”.
Fotos: CEIP Condesa de Fenosa.