
Preto das 10 horas da mañá deste xoves 11 de setembro un mecánico tiña que ser trasladado en helicóptero logo de caerlle enriba a porta dun autobús mentres arranxaba o vehículo ao pé na OU-0524, en Amoeiro.
Segundo explicou a persoa que chamou ao 112 Galicia, “o mecánico golpeouse na cadeira ao caerlle enriba a porta do autobús polo que solicitaba asistencia médica urxente”.
Deseguido, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pediron a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que “decidían enviar unha dotación a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense”.
Pola súa parte, os voluntarios de Protección Civil de Amoeiro participaron no operativo para servir de apoio na aterraxe da aeronave. Tamén se desprazaron axentes da Garda Civil.