OurenseÚltima hora

Dous feridos nunha colisión múltiple en San Cibrao das Viñas

 

Dos 34 accidentes que o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias contabilizou nas estradas galegas dende as 14:30 horas deste xoves 11 de setembro, “a maioría sucesos nos que non se rexistraron danos persoais, en oito dos casos algunha das  persoas implicadas precisou asistencia sanitaria”, indican dende o 112 Galicai, destacando “unha colisión múltiple con catro turismos e un autobús de liña sen pasaxeiros a bordo, que deixou dous feridos no quilómetro 232 da N-525, en San Cibrao das Viñas”.

Desde o 112 Galicia alertaban a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros do Polígono de San Cibrao das Viñas, ao GES do Pereiro de Aguiar e aos servizos de mantemento da estrada. “Unha vez no lugar, os medios confirmaron o número de vehículos e sinalaron que dúas persoas que viaxaban en coches diferentes foran evacuadas en ambulancia”.

Back to top button