CulturaCulturaÚltima hora

O Concello de Sober presenta o programa das Festas do Carme 2025

Casa do Concello de Sober./ Foto cedida.

O Concello de Sober da a coñecer o cartel completo das Festas do Carme, que se van celebrar na localidade os días 19, 20, 21 e 22 de setembro. O rexedor, Luis Fernández Guitián, destaca a “ampla e variada oferta” de actividades e actuacións pensadas para compracer a todos os públicos.

O venres 19 celebrarase o II Torneo de Catán ás 20:00 horas. A partir das 22:00 horas haberá actuación da Oca Band con Pepo Suevos e o espectáculo ‘Historia da Verbena’.

O sábado actuará o grupo Érbedo antes da misa solemne das 13:00 horas. Ás 19:30 horas será o Gran reto dos Bolechas. Ás 21:30 horas concerto de Los Coleguitas e ás 23:00 horas actuación de Roi Casal na Praza do Concello.

O domingo 21 a Banda de Música de Sober acompañará a procesión, ademais de ofrecer un concerto-vermú. A misa solemne vai estar cantada polo Coro Berea.

Ás 17:00 horas xogarase o partido de fútbol Trofeo Festas do Carme, entre o Sober e o Palas. E ás 21:00 horas actuación da Orquestra Olympus.

O luns día 22 haberá misa na Igrexa Nova ás 12:30 horas. Xa pola tarde, volve unha das grandes citas da celebración, a gran paellada xigante e gratuíta a cargo do mestre cociñeiro José Arias co acompañamento musical do dúo Estrellas.

 

Back to top button