Un total de 24 tripletas participan na VII Torneo de Petanca Festas do Cristo que se celebra nas pistas do Chao, do Barco de Valdeorras.
Xente de Nigrán, Vigo, A Coruña, San Pedro de Trones, A Rúa, Fabero, Villafranca, Larouco e O Barco, que pasan o día entre partidas, risas e bo ambiente.
Organizado polo Club Petanca Valdeorras, con parada para almorzar e tamén xantar, o campionato comezaba ás 9 da mañá deste sábado 13 de setembro, en plenas festas, e estenderase ata o remate (arredor das sete da tarde) coa entrega de premios para os tres primeiros e consolación. Os demais participantes levarán un obsequio.

Fotos: Mónica G. Bellver.