ConcellosO BarcoÚltima hora

Un operativo de máis de cen persoas velaba pola seguridade no 57º Descenso do Sil

 

Unha edición máis a organización do Descenso do Sil, en mans do Concello do Barco, volve apostar pola seguridade nesta proba galega, con saída en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) e meta na praia fluvial do Malecón do Barco. Así nesta 57ª edición un amplo operativo de máis de cen persoas volvía velar para que os padexeiros puideran competir en condicións seguras ao longo dos 7 km de percorrido da regata.

 

 

Dese operativo formaban parte efectivos de Salvamento Acuático (25 persoas na auga máis un coordinador), 26 voluntarios de Agrupacións de Proteccións Civil (O Barco, Vilamartin, Trives, O Bolo, A Rúa, Viana e Manzaneda), o Equipo de Rescate e Intervención en Montaña da Garda Civil, o Grupo Especial de Actividades Subacuáticas da Garda Civil, o helicóptero da Garda Civil, a Garda Civil, Garda Civil de Tráfico, a Policía Local do Barco, a Unidade de Drons do Axega e Ambulancias Sil (con UVIs móbiles e vehículos de rescate).

Tamén colaboraba con este dispositivo a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Tragsa coa realización de limpezas e desbroces para saídas a terra, persoal de obras e de electricidade do Concello.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Back to top button