Un total de 72 xogadores de 24 tripletas de Nigrán, Vigo, A Coruña, San Pedro de Trones, A Rúa, Fabero, Villafranca, Larouco e O Barco participaban na xornada deste sábado 12 de setembro no VIII Torneo de Petanca Festas do Cristo que se celebra nas pistas do Chao, do Barco de Valdeorras.
Tras unha intensa xornada de partidas, con parada para xantar, chegaba a hora da entrega de premios por parte do alcalde do Barco Aurentino Alonso e o concelleiro de Medio Rural, Jesús Jares. O primeiro premio era para a tripleta de Hirmandade B de Nigrán, o segundo para a de Rúa B e o terceiro para a de Tropezón de Fabero. O premio de consolación era para Villafranca B.
O torneo foi organizado polo Club de Petanca Valdeorras coa colaboración do Concello do Barco.
Fotos cedidas.