Baixo o lema “O chocolate: da selva ao cinema e á literatura” celebrábase no sábado 13 de setembro o Día Mundial do Chocolate na Colección Museográfica – Casa do Chocolate, de Teimende, en Parada de Sil, Ribeira Sacra.
Este museo abría as súas portas con visitas guiadas gratuítas, mostrando coma o chocolate aparece no Cinema e na Literatura Infantil e tamén dando a coñecer o lugar que o chocolate xogou e o rol destacado que segue xogando en ambas as disciplinas.
E, como non, non faltaba o poder saborear no único espazo museográfico adicado ao chocolate en Galicia, unha boa cunca de chocolate quente, con galletas para todos e todas as asistentes, antes de explicar e poñer en funcionamento as máquinas que elaboraban o famoso Chocolate Caldelas, da familia Casares en Teimende.

A iniciativa resultaba un éxito. “Unha vez mais as irmás Casares, as chocolateiras acompañadas de Manuela, que loce o novo uniforme dos informadores turísticos de Parada de Sil, fixeron posible o éxito”, destacan dende o Concello de Parada de Sil.
Fotos cedidas.