DeportesÚltima hora

A Milla do Barco homenaxea a 12 atletas valdeorreses polos seus destacados resultados

 

Cunha lembranza e un recoñecemento especial para os atletas valdeorreses máis destacados da tempada que vén de concluír a Milla Urbana do Barco chegaba ao ecuador do seu programa na súa 37º edición.

Así a organización entregáballe unha distinción a 12 atletas e atletas con destacados resultados a nivel nacional e mesmo internacional. Os homenaxeados nesta ocasión eran Mateo Valcarce, Irina Sánchez, Tania Peláez, Javier Cid, Paula Cela, Pacho García, Aarón Pérez, Xiana Pungín, Pablo García, Carlos Revuelta e Ana Raquel Revuelta (neste caso recollía a distinción o seu pai) e a mediofondista Inés Docampo.

Neste acto contábase coa presenza do subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, do delegado da Federación Galega de Atletismo en Valdeorras, Manuel Rodríguez; e co presidente do Adas Cupa, Agustín González.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Back to top button