CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O Concello de Sober incrementa a contía das axudas para escolares e universitarios

 

O Concello de Sober vén de convocar as axudas para escolares e universitarios, que este ano aumentan a súa contía en 2.500 euros máis. O ano pasado preto de 100 escolares e universitarios beneficíaronse desta liña de axudas municipal.

O Concello de Sober publica as bases concesión de axudas a familias para a adquisición de libros de texto e material escolar e, no seu caso, gastos de matrícula no centro universitario, de alumnas/os matriculadas/os de Educación Infantil e Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme do Concello de Sober e para alumnos de educación secundaria, ciclos de FP, Alumnos BAC e Universitarios en réxime de concorrencia non competitiva.

As axudas serán como máximo de 100 euros por cada fillo que estea cursando estudios de educación infantil (2º ciclo) de 3 a 5 anos ou primaria no CEIP Plurilingüe Virxe do Carme , no curso 2025/2026.

As axudas serán como máximo de 125 euros por alumno que estea cursando estudios de secundaria, ciclos de FP ou BAC no curso académico 2025/2026.

As axudas serán como máximo de 250 euros por alumno que estea cursando estudios universitarios no curso académico 2025/2026.

O Goberno local destina a estas axudas 15.000 euros, 2.500 euros máis que o pasado ano. Poderá incrementarse esta contía prevista en función das solicitudes presentadas e de acordo coa dispoñibilidade de crédito.

Prazo

As solicitudes deberán presentarse ata o 15 de outubro no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Sober en horario de 9:00 a 14:00 de luns a venres ou a través da sede electrónica do Concello de Sober (concellodesober.sedelectronica.gal).

Back to top button