Na tarde deste xoves 18 de setembro producíanse retencións puntuais por obras na N-120 ao seu paso polo concello da Rúa.
En concreto, a circulación está a ser regulada por un semáforo nun dos accesos á vila, onde están repoñendo e colocando gardarraís.